A Central disparou as súas cifras con 925.000 euros facturados tras adxudicarse 1.174 animais

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

20 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Central Agropecuaria de Galicia viviu onte un significativo repunte en animais a poxa e en volume de facturación respecto das últimas semanas. En concreto chegaron ao recinto feiral de Semana Verde en Silleda un total de 1.243 cabezas de gando, adxudicándose 1.174. A facturación conxunta das tres secciones acadou os 925.368 euros. Ademais, desde a Central lembraban que a próxima semana non haberá poxa de becerros de recría, só de cebados e vacún maior.

Respecto dos datos por seccións, foron 348 de 369 as cabezas de vacún maior que atoparon comprador na lonxa. O prezo medio pago por unidade de situou nos 1.590 euros, aínda que se elevou ata os 2.526 para as doce unidades vendidas con amparo da IXP Vaca e Boi de Galicia. En conxunto a facturación conseguida por esta sección situouse nos 553.435 euros.

Ao recinto feiral chegaron 690 becerros de recría, adxudicándose 662, cun prezo medio de 317 euros a unidade. Un número elevado de exemplares os poxados este pasado martes, en boa medida porque non haberá lonxa para esta categoría o día 26. O volume de negocio desta sección chegou aos 210.275 euros. E foron 164 os tenreiros carniceiros vendidos de 184, cun custo medio por unidade de 985 euros, para un total de 161.658 euros.

Mesas semanais de prezos

Por outra banda, nas mesas semanais de prezos houbo incremento de cotización en tres das catro categorías de porcino cebado, repetindo a outra e os lechones, do mesmo xeito que as galiñas de desvieje. Subiron case todas as categorías de ovos, excepto unha.