O mes de febreiro pechouse na zona con 88 afiliados máis á Seguridade Social

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

17 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O mes de febreiro pechouse na zona con 88 afiliados máis á Seguridade Social e un total de 20.545 cotizantes, dos cales 13.863 achégaos Deza, con 79 máis que o ano anterior. Os 6.682 restantes contabilízanse en Tabeirós-Terra de Montes, con 9 máis que en xaneiro. Por concellos, a maior subida rexistrouse en Silleda con 75 afiliados máis acadando os 3.711. Na Estrada a cifra incrementouse en 30, chegando aos 5.517 e Lalín conta co maior volume da zona de cotizantes. Son, ao peche de febreiro, 7.079, 18 máis que o mes anterior.

Subiu tamén en 7 persoas en Vila de Cruces, con 1.325, mentres que baixou no resto dos municipios. Cerdedo, que na estatística da Seguridade Social segue aparecendo como independente sen ter en conta a fusión con Cotobade, ten 268 (-15) e Forcarei 897 (-8). Son 6 menos en Agolada, que queda en 484; 5 menos en Dozón, con 316 e 10 menos en Rodeiro, con 948.

Incrementáronse en 13 os autónomos cun total de 6.859 na zona: 4.776 de Deza (+10) e 2.083 en Tabeirós (+3). Son 91 en Cerdedo (-1); 1.652 na Estrada (+3) e 340 en Forcarei (-1). En Lalín contabilízanse 2.202, 5 máis que en xaneiro e en Silleda acádanse os 1.094 tras un incremento en nove persoas. As cifras de Vila de Cruces con 571 e Agolada con 257 non variaron no último mes. Redúcese en 1 en Dozón, con 192 e en 3 en Rodeiro, con 460.

En canto aos traballadores por conta allea, as dúas comarcas suman un total de 13.038 afiliados ao Réxime Xeral. Destes, 8.650 achégaos Deza, o que supón 73 máis que en xaneiro e 4.388 Tabeirós, dous máis.

Por concellos, o número de cotizantes ao Réxime Xeral sobe en 65 persoas en Silleda chegando aos 2.502. Son 4.669 en Lalín, 14 máis que en xaneiro e 707 en Vila de Cruces, 7 máis que o mes anterior. En Agolada contabilízanse 207 (-6), 116 en Dozón (-3) e 449 en Rodeiro (-5). Cerdedo pechou febreiro con 175 (-10), mentres que A Estrada o fixo con 3.675 (+25) e Forcarei con 538 (-13). No Réxime Agrario Lalín conta con 112 afiliados, A Estrada con 40 e Silleda con 47 e no de Fogar A Estrada ten 149, Lalín 96 e Silleda 68.