O PSOE pide que se recuperen as carreiras populares da Estrada

Rocío García Martínez
rocío garcía A Estrada / LA VOZ

DEZA

cedida

Os socialistas defenden que as pistas de atletismo estean abertas a todo o mundo

15 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE da Estrada considera que foi un erro «deixar caer todas as carreiras populares que se celebraban no casco urbano e que enchían a vila de deportistas federados e amateur». A edil Belén López pon como exemplo a Nocturna Estradense, unha carreira moi concorrida que o ano pasado caeu do programa do San Paio e que, despois de irse pospondo durante meses, «aínda hoxe segue sen data».

A concelleira socialista opina que «as carreiras populares da Estrada atraen atraían a milleiros de persoas e deixaban actividade económica no pobo», ademais de animar aos veciños a participar, contribuíndo a fomentar a actividade deportiva.

O PSOE mostrouse crítico tamén cos plans do executivo de José López para as novas pistas de atletismo. De entrada, o goberno local ten previsto abrilas soamente a deportistas federados. Belén López considera que «son unha instalación necesaria, como sempre defendemos desde o PSOE, pero é unha instalación pública que debe estar aberta a actividades dos centros educativos e incluso a veciños e veciñas particulares». A edil socialista pide un regulamento de uso para que a instalación estea ao alcance de todos garantindo a boa conservación da pista e do material. Propón ademais melloras na obra, como situar a zona de saltos diante da bancada principal.