Beltrán Rivas logra o cuarto posto no Campionato de España sub-16

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

05 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Campionato de España sub-16 de pista cuberta celebrado en Valencia esta fin de semana contou coa presenza do deportista da Escola de Atletismo Deza, Beltrán Rivas. O lalinense callou unha gran actuación conseguindo o cuarto posto na modalidade de salto de altura, unha das súas especialidades.

Rivas rozou o podio nun concurso moi axustado, onde entre o primeiro e o décimo houbo apenas catro centímetros de diferenza. A súa cuarta posición é o mellor resultado obtido nunca nunha competición deste nivel por un atleta lalinense. «Dende o club temos grande orgullo do progreso de Beltrán, exemplo de atleta de escola, que leva no club dende ben pequeniño», sinalaron desde o Atletismo Deza.

Pepe Domínguez

Por outra banda, o tamén lalinense Pepe Domínguez conseguiu medalla e marca persoal no Campionato de España M50 de pentatlón disputado en San Sebastián. Obtivo a medalla de prata e unha puntuación final de 3.347 puntos.