O Estradense organiza un torneo de tute para o parón

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

28 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Estradense organiza para o próximo 16 de marzo un torneo de truco aproveitando o parón ligueiro desa fin de semana. Será a partir das 16.00 horas no Salón do Moble. A inscrición custa 40 euros e pódese realizar a través do 620 520 380, o 696 492 806, ou no Mesón dá Estrada. Entre os premios haberá dous reloxos para os gañadores e dous xamóns para os segundos.