A ópera rock de Xoque Carbajal logra dous nomeamentos aos María Casares

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

cedida

22 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Vox Populi, a ópera rock da compaña do estradense Xoque Carbajal, acaba de conseguir dous nomeamentos na vixésimo oitava edición dos prestixiosos Premios María Casares do teatro galego.

A peza está nomeada a Mellor música orixinal e Mellor iluminación. Carbajal informaba onte da boa noticia a través das súas redes sociais, mostrando o seu agradecemento polo nomeamento e subliñando o «maravilloso traballo de Carlos Mosquera e Octavio Más». Vox Populi, que na Estrada se estreou en marzo no teatro Principal, é unha invitación a reflexionar sobre os réximes autoritaristas a ritmo de rock.