Deputación e Xunta únense na loita contra os incendios forestais

l. p. REDACCION / LA VOZ

DEZA

21 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, rubricaron un protocolo anual de colaboración para a prevención de incendios forestais na provincia. Esta iniciativa está dotada de 600.000 euros.

A finalidade do protocolo é levar a cabo actuacións conxuntas dirixidas ao mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal co «dotar de medios materiais a distintos concellos da provincia»fin de . Contémplase a adquisición de maquinaria para prevención e defensa contra os incendios, que se porá a disposición dos concellos pontevedreses, e, outro, a cesión de material da Deputación de Pontevedra aos municipios.