A matemática dos apelidos

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

María José Ginzo explica no IES Losada as aplicacións matemáticas á extinción de incendios ou a cuantificación de apelidos

07 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O IES estradense Antón Losada adiantou a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena no Ciencia (11 de febreiro) e acolleu este martes unha charla de María José Ginzo Villamayor, profesora da facultade de Matemáticas da USC e investigadora no Centro de Investigación de Tecnoloxía Matemática de Galicia. Na súa amena charla falou da importancia das matemáticas na contribución ao control e a extinción de incendios ou na cuantificación e extensión dos apelidos.

A celebración ten como obxectivo achegar aos mozos aos estudos relacionados coas materias científicas, que aínda hoxe presentan unha clara descompensación de xénero. A actividade foi organizada polo departamento de Matemáticas e o Centro de investigación citado.