Acordo de Abanca co Rodo

La Voz

DEZA

cedida

22 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Abanca e a cooperativa do Rodo asinaron onte un novo acordo de colaboración cun catálogo de produtos e servizos deseñado a medida pola unidade especializada Abanca Agro para mellorar a situación do día a día do sector e no que se inclúe unha liña de financiamento Agro Multidestino, agrupando nun só contrato o financiamento máis habitual para o funcionamento das explotacións. O acordo foi asinado pola directora da sucursal da entidade bancaria en Rodeiro, María Julia Otero, e polo presidente da Sociedade Cooperativa do Campo O Rodo, Jesús María Montes.