O Losada despide aos seus alumnos de FP

La Voz

DEZA

cedida

29 jun 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O IES Plurilingüe Antón Losada puxo fin este mércores ás actividades lectivas do curso 2022-2023 co acto de despedida do alumnado dos ciclos medios e superiores de Formación Profesional. Nel participaron os alumnos dos ciclos medios de Sistemas microinformáticos e redes, Carpintaría e moble, Instalación e amoblamento e Electromecánica de vehículos e os dos ciclos superiores de Administración e finanzas, Administración de sistemas informáticos e Desenrolo de aplicacións multiplataforma. Todos eles recibiron un diploma e unha foto de recordo da súa promoción.