Teatro «Made in Losada»

La Voz

DEZA

cedida

14 jun 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O grupo de teatro Avelaíñas, do IES Antón Losada, presentará hoxe en sociedade o seu espectáculo Made in Losada. A obra inspírase en diferentes relatos do libro de Sechu Sende Made in Galiza e reflexiona de forma divertida e irónica sobre a situación lingüística en Galicia. A cita será hoxe ás 20.00 horas no salón de actos do IES.