Lucía Pérez, o prato forte hoxe nas festas de Matalobos

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

17 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A celebración do San Benito na parroquia estradense de Matalobos contará coa actuación da cantante Lucía Pérez como prato forte. Será na verbena nocturna, a partir das 22.00 horas, na que tamén tocará a orquestra Fania Blanco . A xornada festiva comezará ás 9.00 coa primeira de varias mizas, a solemne ás 13.00 horas cantada cun coro. Despois terá lugar a poxa de pitos e un concerto da Banda de Música Municipal da Estrada.