Educación licita en 240.000 euros a reforma dos talleres do IES Antón Losada

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

Non dispoñible

06 jul 2020 . Actualizado ás 21:02 h.

A Consellería de Educación acaba de licitar a través da plataforma de contratos de Galicia as obras para reformar os talleres do instituto Antón Losada Diéguez da Estrada. O importe máximo dos traballos quedou fixado en 240.132 euros. O proxecto busca adecuar os espazos ás necesidades dos ciclos formativos da familia de Automoción impartidos neste centro, cun axuste no seu número e dimensións.

As obras prevén en prevén nunha primeira fase a demolición do forxado existente na planta primeira da nave central, mentres na segunda construirase un novo forxado para soportar a futura aula de electricidade prevista. A terceira fase consistirá nunha reordenación dos espazos auxiliares da planta baixa de dúas das naves, posibilitando así dotar aos talleres dun vestiario feminino e un aseo adaptado, ademais de acondicionarse un novo espazo para vestiario masculino, dado que o actual resulta pequeno para o número de usuarios. Está previsto iniciar as obras durante o verán e compatibilizalas co arranque do novo curso. Os traballos teñen dous meses e medio de prazo de execución.

Matrícula

Por outra banda, desde o IES Antón Losada lembran que mañá mércores finaliza o prazo para solicitar praza nos ciclos formativos de Formación Profesional. Entre as súas novidades, en ciclos superiores, figura un de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, mentres que nos medios se implanta por primeira vez uno dual de instalación e amueblamiento.