O PSOE dubida da necesidade de investir 700.000 euros nunha praia «privada»

La Voz A Estrada / LA VOZ

DEZA

E CUIÑA

18 feb 2020 . Actualizado ás 21:05 h.

O PSOE ten moitas dúbidas sobre a conveniencia de que o Concello invista 700.000 euros na mellora da praia fluvial de Liñares, xestionada pola sociedade Río Ulla. Non ve clara tal investimento «nunha finca privada». «Só ese investimento suporá que os veciños pagaremos en amortizacións 35.000 euros ao ano. A iso hai que sumarlle os cartos que se paguen pola cesión dos terreos, polo que se podería chegar a 75.000 euros ao ano», din. Os socialistas critican que non se concretou quen vai explotar a futura cantina e creen que as novas comportas poderían financiarse con fondos doutras administracións.

O PSOE pon tamén en dúbida a conveniencia de crear unha senda circular como propón o borrador do PMUS. Advirte que en dous meses necesitará mantemento e aposta por crear un gran pulmón verde na área dos institutos.