A zona perdeu 98 afiliados á Seguridade Social no último ano

Rocío Perez Ramos
rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

No mes de decembro contabilizáronse 171 cotizantes menos nas comarcas

16 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A conta final do ano da Seguridade Social non é boa e o saldo é negativo, cun descenso desde o final de decembro do 2019 ao do anterior de 98 persoas menos cotizando. Gran parte da culpa téñena os números do último mes do ano que se pechou con 171 cotizantes menos nas dúas comarcas. Son 125 menos en Deza, que queda con 13.606 e 46 menos en Tabeirós-Terra de Montes onde sumaban a fin de ano 6.436.

Polo que se refire ao último mes de decembro, destas 171 persoas, A Estrada restou en 46 o número de afiliados á Seguridade Social pasando dos 5.321 cos que se pechaba novembro a 5.271 ao mes seguinte. En Cerdedo, que segue figurando na estatística de forma independente sen ter en conta a fusión con Cotobade, son 183 afiliados, dous máis que en novembro. En Forcarei son outros dous máis, quedando en 934, mentres que na Estrada a conta quedou en 50 menos, pasando de 5.321 a 5.271. O que dá un total de 6.390 afiliados na comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

En Deza o ano despediuse con 13.481 traballadores dados de alta e 125 menos que en novembro. Lalín contabiliza 24 menos, pasando de 6.966 a 6.942. Gáñalle en perda de cotizantes, o municipio de Silleda onde baixou a cifra en 48 persoas quedando en 3.300 dos 3.348 que había en novembro. En Vila de Cruces restouse 27 persoas a lista de traballadores dados de alta pasando de 1.436 a 1.409. No último mes foron catorce menos en Rodeiro, que quedou con 987 fronte aos 1.004 que tiña en novembro. Agolada restou oito e quedou con 507 fronte aos 515 do mes anterior e Dozón con doce menos pechando o ano con 336 fronte aos 340 de novembro.

Ao longo do ano as cifras van oscilando nun carrusel de subidas e baixadas, algunhas tan notables como o descenso acusado este último mes.

Se facemos a comparativa do último ano, a repartición diso 98 traballadores afiliados á Seguridade Social que se perderon as contas son moi diferentes.

A Estrada perdería 188 cotizantes, a cifra máis alta da zona, mentres que Lalín subiu en 83 cotizantes máis no último ano. Forcarei é outro dos municipios que incrementaron o número de traballadores dados de alta, neste caso en 66 ven o último ano.

Foi tamén positiva a conta en Vila de Cruces con once máis. No municipio da zona onde se rexistrou unha menor variación foi no de Agolada no que a conta do 2019 saldouse cun cotizante menos.

En Cerdedo foron trece menos , doce menos en Dozón, seis menos en Rodeiro e 37 menos en Silleda. Os números de decembro do 2018 daban unha suma de 19.969 afiliados na zona, 13. 443 en Deza e 6.526 en Tabeirós-Terra de Montes.

Por concellos eran 198 en Cerdedo, 5.460 na Estrada e 868 en Forcarei. En Deza, Agolada sumaba 508, Dozón 348; Lalín 6.869 e Rodeiro 993. Para rematar en Rodeiro contabilizábanse 3.337 e en Vila de Cruces 1.398.

Ao longo de 2019 houbo meses cun crecemento importante como o de maio con 109 máis, chegando o total a 20.180, ou os 20.028 que se contabilizaban en marzo tras un incremento o último mes en 177. Pola contra en novembro restouse á conta 68, en xuño 125 ou os 98 menos do mes de xaneiro.

19.871

Total

O 2019 pechouse con 19.871 traballadores dados de alta

11.716

Por conta allea

Son 11.716 afiliados por conta allea nas comarcas

7.469

Autónomos

Na zona, o número de autónomos é de 7.469