A Festa do Cazador de Lalín bate marcas

La Voz

DEZA

cedida

A feira de cans de caza reúne a un milleiro de exemplares na Carballeira do Rodo

16 jun 2019 . Actualizado ás 18:05 h.

A Festa do Cazador, organizada pola Sociedade de Caza e Pesca de Lalín, está a bater marcas de asistencia. Na comida popular na Carballeira do Rodo participaron 264 persoas, pero ademais outros moitos visitantes achegáronse ao lugar para participar das actividades programadas. Segundo explica o presidente do colectivo organizador, Julio Mariño, calcúlase que unhas 2.000 persoas poden ter pasado pola Carballeira do Rodo.

Unha das actividades que máis interese suscita entre os visitantes esla feira de cans de caza, que celebra a súa segunda edición. Este ano instaláronse máis de 170 gaiolas e exhíbense ao redor dun milleiro de cans de caza. Hai canes de caza maior de todas as razas e tamén unha boa representación dos de caza menor.

Outro dos puntos de interese da cita foi a exhibición e voo de cetrería, a cargo da asociación Rapiñas do Salnés