Inauguración do albergue da Laxe en Lalín

La Voz

DEZA

Non dispoñible

2004

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

TUn día como hoxe, pero fai quince anos, o entón conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, inauguraba o albergue de peregrinos da Laxe xunto co entón alcalde de Lalín, José Crespo. A Xunta investiu nesta instalación 663.000 euros. Nesa xornada dábanse a coñecer as instalacións, con capacidade para trinta persoas, que presumían de arquitectura singular. Uns días máis tarde comezaría a funcionar no mesmo horario que o resto dos de Galicia que era naqueles momentos de 13.00 a 23.00 horas. As instalacións, que combinan a pedra e a madeira con deseños de vangarda, foron deseñadas polo arquitecto Celestino García sobre a base de dúas antigas casas.