O Estudantil quedou sen premio ante o Ordes

J. B.

DEZA

rober amado

A pesar de xogar os locais cun menos durante case todo o partido lograron imporse 2-1 aos estradenses

20 ene 2019 . Actualizado ás 20:10 h.

O pechacancelas Estudantil rozou onte puntuar tras moitas xornadas no campo do Ordes, pero ao final non puido facer valer a súa superioridade numérica sobre o céspede durante máis de oitenta minutos. No 6 o árbitro expulsaba a David Suárez pero os estradenses non conseguiron aproveitarse desa circunstancia. Ante un rival con varios exjugadores do Estudantil, foi precisamente un deles, Chiño, quen adiantaba aos locais, igualando Borja Rey no 68. Pero cando polo menos se barruntaba a posibilidade de sumar un punto, Roi Peiteado desfixo a igualada no 80.