Necesitamos cambiar de rumbo

José Ramón González

DEZA

25 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde hai 10 anos xa e motivado pola crise tan dura sufrida en España, a esta comarca halle custado a perda de máis do 50% do seu tecido empresarial, e parece que nos resignamos a esta situación, sempre fomos un pobo emprendedor e optimista, innovador, etc., pero desde hai uns anos parece ter rendido o pesimismo dunha forma preocupante, e non podemos permitírnolo.

É por iso que un grupo de persoas, lideradas por Moncho González (Chaca), decidimos pór en marcha «unha fundación» que aglutine esforzos, proxectos e persoas con ilusión renovada para cambiar de rumbo.

O obxecto desta fundación será centrarse na axuda ao sector primario, axuda á innovación do tecido empresarial, formación específica para as necesidades das empresas da comarca, así como axudar á creación e aceleración de novos proxectos, acompañándoos, asesorándoos e buscando capitalización para convertelos en proxectos de éxito.

Necesitamos reinventarnos e sacudirnos ese pesimismo e ese pensamento negativo para reverter esa situación. Ninguén vai vir a emprender por nós.