Gala solidaria en Lalín

La Voz

DEZA

miguel souto

24 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Salón Teatro quedou pequeno para acoller esta iniciativa de Meritxell Silva, propietaria das tendas Colorín Colorado e C&C, a favor das asociacións Aspadeza e Aranes, recadándose un total de 900 euros. O cantante silledense Rodrigo Ramos puxo a nota musical xunto á charanga Os Ardenos e Vanesa de ETP, mentres que tamén houbo pasarela de moda e actuacións de baile. Entre o público houbo sorteo de varios agasallos.