Peregrinación escolar desde Oca en busca de aprobados

La Voz

DEZA

MARCOS MÍGUEZ

Os 25 estudantes, de entre 8 e 11 anos, percorreron fai oito anos ao redor de 25 quilómetros entre o seu colexio e a catedral de Santiago

15 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os escolares de Oca decidiron aproveitar a celebración do Ano Santo no 2008 para peregrinar á capital compostelá e pedirlle ao Apóstolo uns bos resultados académicos. En dúas etapas cubriron fai agora oito anos os aproximadamente 25 quilómetros que separan Oca de Santiago. En concreto foi un grupo duns 25 nenos, con idades comprendidas entre os oito e os once anos, os que participaron na camiñada, todos eles portando chalecos reflectores para deixarse ver durante o percorrido. Mesmo levaban un coche escoba por se algún necesitaba apoio, o que rematou ocorrendo, pero non por algún desfalecemento ou problema físico. Os rapaces pediron utilizalo para levar as mochilas e maletas, que desbordaron por número e volume as previsións dos organizadores. Resultaba difícil para eles ir con elas ao lombo. Pero ao final o coche escoba portou o avituallamiento e buscouse outra solución para a equipaxe. Tiveron apoio de Protección Civil.