Poemas con sabor a mar e relatos inspirados no faiado

r. g.

DEZA

cedida

20 feb 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Coordinadora Local de Equipos de Dinamización Lingüística Dinamizaestrada, que agrupa a todos os centros de Primaria e Secundaria do Concello, vén de convocar a quinta edición do seu concurso literario escolar. Conta con dúas categorías: micropoemas e microrrelatos. Os poemas deben incluír a palabra «mar» e deben ter un mínimo de dous versos e un máximo de oito. Os microrrelatos han de conter a palabra «faiado» e ter 100 palabras como máximo. As palabras clave foron escollidas entre os títulos das obras da autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno. O prazo de entrega dos traballos rematará o vindeiro o 2 de marzo.

Os textos premiados publicaranse nun libro no que se incluirán tamén ilustracións realizadas pola alumnado de Infantil. O proxecto terá como remate a Festa das Palabras, no terceiro trimestre. Nela entregaranse os premios ós gañadores, que serán apadriñados por un escritor galego.