Adrián Ben supera a primeira criba e estará na semifinal do 1.500 do Mundial de Tokio

X. R. C.

DEPORTES

Dylan Martinez | REUTERS

O atleta de Viveiro, sempre pegado á corda, foi quinto na terceira serie de cualificación

14 sep 2025 . Actualizado á 10:47 h.

Adrián Ben superou a primeira criba e estará nas semifinais dos 1.500 metros de mañá luns (14.30 horas) do Mundial de atletismo ao aire libre de Tokio. O atleta de Viveiro foi quinto na terceira serie (pasaban seis) marcando un tempo de 3.42.27 facendo toda a carreira pegado á corda e respondendo no momento crítico cun bo cambio de ritmo. O americano Cole Hocker gañou a esixente serie.

 O atleta galego había demostrando nos 800 metros unha gran riqueza táctica, pero o 1.500 aínda é unha proba un tanto nova para el. Quizais por iso, Adrián mantivo a concentración de principio a fin nunha seria moi lenta. Saíu na rúa un e alí pasouse toda a carreira, marchando entre o terceiro e o cuarto posto ata que á falta duns 800 metros fíxolle baixar posicións, pero tras o toque de campá, Ben pegou un acelerón que lle colocou na quinta posición, á que se agarrou con uñas e dentes na recta de meta para certificar o pase.

 Adrián Ben chegaba coa cuadraxésimo primeira marca dos participantes e só avanzaban ata semifinais 24, pero o galego foi capaz de burlar á estatística e mañá luns, desde as dúas e media da tarde, correrá as semifinais soñando con meterse noutra final dun gran campionato. Será o único español. Quen non estará é o mítico Jakob Ingebrigtsen, xa que o noruegués non puido superar o corte das series (foi oitavo) e quedou fóra. Un corte máis da esixencia da proba.