
Impúxose en Tarragona cunha marca de 17,05 metros conseguidos no último intento
03 ago 2025 . Actualizado á 21:31 h.Calquera dos cinco lanzamentos válidos realizados por Belén Toimil no Nacional de Tarragona dar a medalla de ouro á mugardesa, que tiña asegurado o seu sexto título no lanzamento de peso desde o primeiro intento cando enviou a bóla a 16,22 metros, sacándolle un metro á segundo clasificada desa primeira rolda. Na segunda quenda, a mugardesa aumentou o lanzamento en 70 centímetros levando o artefacto ata os 16,92 metros. Con rictus moi serio e apostando unha vez máis pola súa técnica xiratoria. Finalmente impúxose con 17,05 metros conseguidos no sexto e último intento.
A atleta do Praias de Castelló non rompeu a barreira dos 17 metros no terceiro intento, senón que quedou a medio camiño entre os dous anteriores con 16,47. Iso si, en ningún momento sentiuse minimamente ameazada por unhas rivais para quen os 16 metros eran un muro infranqueable. O cuarto intentou de Belén foi longo, pero faltoulle un centímetro para acadar os 17 metros (16,99).
Toimil finalizou o concurso cun nulo no quinto intento e no sexto e último asinou a mellor marca: 17,05 metros. A prata foi para Inés López, a campioa de España de disco, que lanzou 15,24 metros. A un mundo da galega.