
O lateral esquerdo, canteirán do Celta, firma por dúas tempadas tras o seu paso polo PAOK de Salónica
02 jul 2025 . Actualizado á 21:28 h.Jonny Castro Otto é o elixido para reforzar a banda esquerda do Deportivo Alavés, co que ha acado un acordo ata xuño do 2027, segundo anunciou o club vitoriano. O vigués chega libre tras finalizar o seu contrato co PAOK de Salónica, club no que militou a última campaña e media.
Canteirán do Celta, club no que xogou durante seis tempadas e do que foi capitán no seu último curso no equipo, acumulou 221 partidos, anotando cinco goles e repartindo 12 asistencias.
O lateral esquerdo regresa á liga española tras dúas aventuras europeas. Na tempada 2018-2019 foi traspasado do Celta ao Atlético de Madrid (onde non chegou a debutar) e posteriormente ao Wolverhampton, que pagou 21 millóns de euros polos seus servizos. A súa estadía no cadro inglés foi de seis tempadas, acumulando 134 partidos e seis goles. Tras iso aterrou en Grecia, onde disputou disputou 18 partidos de liga e 11 máis da UEFA Europa League.
Galicia calidade ??#OngiEtorriOtto #NuestraGente | #GoazenGlorioso ??? pic.twitter.com/8b5zcqjesu
— Deportivo Alavés (@Alaves) July 2, 2025
Otto foi internacional co combinado nacional en todas as súas categorías, chegando a disputar tres encontros coa selección absoluta.
Primeiras palabras como babazorro
O Deportivo Alavés compartiu nas súas redes sociais un vídeo no que Jonny fala por primeira vez coa camiseta branquiazul. O vigués afirma que o club vitoriano sempre foi a súa primeira opción. Promete fichar para «traballar, intentar sufrir o menos posible e conseguir o obxectivo».
Un dos aspectos que lle fixo decantarse polo Alavés foi o seu adestrador. «Gústame moito como traballa o Chacho», apuntou Jonny Otto, que destacou a agresividade do equipo de Coudet e o interese por ter o balón. «Pode ser un bo momento e unha gran situación», considerou o galego
Volta a casa tras case unha década
Oito anos despois da súa marcha de Vigo, o lateral volverá enfrontarse ao club co que debutou na máxima categoría. O primeiro dos choques terá lugar na xornada 13, cando o conxunto galego visitará Mendizorroza, mentres que o partido de volta en Balaídos será na xornada 29.