
O vigués pon fin á súa etapa nAs Eiroas logo dunha tempada na que asegurou a permanencia en Segunda Federación
05 jun 2025 . Actualizado á 21:19 h.O vigués Jorge Cuesta non continuará a cargo do Bergantiños a próxima tempada. Así o comunicou o club a última hora deste xoves. O adestrador causa baixa logo dunha campaña nAs Eiroas na que asegurou a permanencia en Segunda RFEF, sendo, ademais, un dos equipos máis goleadores.
«Jorge e o club separan os seus camiños tras intentar chegar a un acordo no que as dúas partes achegaron posturas, pero, sempre de xeito amigable e dialogante, finalmente non se puido chegar a un entendemento para a renovación», explicaron desde a entidade.

O técnico debutou este curso na categoría. Antes traballou na canteira do Celta e clasificou ao Sarriá para a fase de ascenso a Segunda Federación.