O Leyma Coruña, a traballar pensando na tempada que vén

NACHO RAMA

DEPORTES

Oskar Matxin | LOF

11 may 2025 . Actualizado á 16:13 h.

Iniciaba o Leyma cunha actuación notable de Olle, que fai un gran traballo en defensa. O marcador de 8-8 falaba do errático do inicio dos dous equipos: fallos debaixo do aro, uns contra un de Goran que non acaba de rematar... O Bilbao fai un parcial de 12-1 nos 2.40 restantes que rompe o partido

O inicio do segundo é similar. Gielo e De Ridder fan dano e manteñen a diferenza, obrigando a Epi a pedir tempo morto. Este cuarto fai que vexamos cousas boas combinadas con outras malas.

A entrada de Olle reactiva ao equipo que baixa da barreira do -10 cun parcial de 8 que obriga a Bilbao a paralo. O día que mais necesitaban anotar os laranxas... 31 puntos ao descanso.

No terceiro, o Leyma segue fallando triplos, pero acurtan a distancia por erros locais. E empezan aflorar os nervios con perdas inesperadas. Beqa, que sacou bos números, non estivo acertado nas decisións. Pasan os minutos e a vantaxe mantense ao redor dos 10 puntos. A puntilla, un 11-0 de parcial no inicio do último cuarto. Goran non foi capaz de mostrar o seu talento, sufrindo o desgaste do xoves.

Se ao longo da tempada falabamos da capacidade ofensiva do Leyma, na partido clave vanse cos algarismos mais baixos, exceptuando o partido contra A Lagoa Tenerife. No histórico ascenso de Melilla iniciábase a resposta da cidade a este proxecto. Este paso pola liga mostrou a mellor cara dunha afección cun Coliseum con 8.000 persoas en cada partido. Agora xa a traballar pensando no ano que vén.