O ribadense Jesús López supera en Seúl o seu maratón 18 nunha cidade olímpica

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

DEPORTES

Completou os 42.195 metros en algo menos de catro horas e media

18 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Uniformado coa súa camiseta do Celta e o dorsal 10 de Alexander Mostovoi, como manda o seu ritual, Jesús López Ares, O Cabarqués (Ribadeo, 1969), completou en Seúl , a capital de Corea do Sur, o seu maratón 36 e a 18 nunha sede dos Xogos Olímpicos. Só quedan outras cinco para completar o seu desafío de ser finisher nas carreiras de 42.195 metros de todas as cidades olímpicas. «A seguinte será o Rio de Janeiro, en xuño», avanzou o corredor do Club Atletismo Ribadeo.

A pesar de chegar lastrado por sufrir unha gripe días antes e falto de adestramentos tras unha lesión, rematou nun bo tempo de 4.26.54. «Nada mal», destacou.

Das 23 metas olímpicas, Atenas, París, San Luís, Estocolmo, Anveres, Ámsterdam, Los Ángeles, Berlín, Helsinqui, Roma, Tokio, Cidade de México , Múnic, Montreal, Moscova, Barcelona, Atlanta e agora Seúl xa están na súa zurrón.