María González e Gonzalo Criado, gañadores do Trofeo Casa Novas

La Voz

DEPORTES

Susana Díaz Otero

Un ano máis, o centro hípico abriu as portas das súas instalacións a novos xinetes e amazonas galegos

22 oct 2023 . Actualizado ás 21:01 h.

O centro hípico de Arteixo acolleu esta fin de semana a vixesimoterceira edición do Trofeo Casas Novas. Despois das dúas competicións clasificatorias, na categoría de póneis A María González Blanco conseguiu alzarse co trofeo, seguida de Axel Hernández Folgueira e de Irene Suárez Sanmartín. En póneis B, Gonzalo Criado Constenla levou o primeiro posto, adiantando a Pelayo González Sánchez e Hugo Carro, que se clasificaban en segundo e terceiro lugar, respectivamente. Criado alzouse, de igual modo, coa vitoria en Póneis C, esta vez seguido de Sofía López Iglesias e Olivia Gómez Seoane.

O premio aos gañadores das tres categorías entregouno Gonzalo Marcos Lamigueiro en representación do Centro Hípico Casas Novas.

Ademais, disputáronse varias probas abertas. A de clausura foi a de maior altura (1,30 metros), e alzáronse coa vitoria Manuel Sa Morais e o seu cabalo Alebrije, seguidos de Sofía Pardo Amil con Hanoi e Joaquín Poves, terceiro da proba con Bela de Llamosas.

Un ano máis, o Centro Hípico Casas Novas abriu as portas das súas instalacións a xinetas e amazonas galegos e agradece a gran acollida da iniciativa por todos os participantes.