Oficial: Nico González novo xogador do Valencia

Adriel Mateo / I. A

DEPORTES

valencia CF

O centrocampista galego marcha cedido ao conxunto valencianista por unha tempada

13 ago 2022 . Actualizado á 11:36 h.

Noticia que era un feito. Nico González fai as maletas rumbo a Mestalla para xogar en calidade de cedido esta tempada no Valencia. O acordo entre clubs é total e o xogador pon rumbo ao novo proxecto de Genaro Gatusso co obxectivo de acumular máis minutos na súa etapa de formación.

O xogador que a tempada pasada foi de máis a menos, en canto á súa participación, marcha cedido sen opción de compra, ao sentir que no Barça non podería acumular eses minutos craves que fan falta no seu desenvolvemento como futbolista. A ardua competencia no centro do campo culé foron razóns suficientes para marcharse a pesar de contar coa confianza de Xavi.

Ademais da súa cesión, o conxunto culé anunciou a renovación do xogador ata o 30 de xuño do 2026. Ambas as partes acordaron a contía da súa cláusula de rescisión fixada en mil millóns de euros.