Gareth Bale despídese do Real Madrid

DEPORTES

AFP7 vía Europa Press | EUROPAPRESS

«Foi unha honra, o meu soño fíxose realidade», afirma

01 jun 2022 . Actualizado á 11:28 h.

O futbolista galés Gareth Bale despediuse oficialmente dos afeccionados do Real Madrid mediante unha carta publicada nas súas redes sociais. O xogador, que rematou contrato esta tempada, agradece o apoio aos seus compañeiros, adestradores, traballadores do club e afeccionados. «Cheguei hai nove anos como un mozo que quería facer realidade o seu soño de xogar no Real Madrid, vestir o glorioso equipamento branco, levar o escudo no peito, xogar no Santiago Bernabéu, gañar títulos e ser parte do que é tan famoso e alcanzábel por tan só uns poucos, gañar a Champions League», explica.

«Agora podo mirar cara atrás, reflexionar e dicir con honestidade que este soño fíxose realidade e moito moito máis. Ser parte da historia deste club e consegiur todo o que logramos xuntos no Real Madrid foi unha experiencia incrible que xamais esquecerei», relata. «Foi unha honra», conclúe.