Javier Rodríguez, reelixido presidente da Liga Galega Traiñeiras

DEPORTES

O mandato terá unha duración de dous anos

01 dic 2021 . Actualizado ás 22:45 h.

A última Asemblea da Asociación Liga Noroeste de traiñeiras tivo como punto principal na orde do día a culminación do proceso de elección de presidente para as próximas dúas tempadas.

Javier Rodríguez Barros foi reelixido no cargo por unanimidade, xa que a súa foi a única candidatura. Xa que logo, seguirá a cargo de a asociación e da Liga Galega de Traiñeiras.

O presidente comunicou a composición da Junta Directiva:

Presidente/Tesoureiro - Javier Rodríguez (CR Salgado-Perillo)

Secretaria - Montserrat Canedo Souto (CR Rianxo)

Vogal- Jorge Rodríguez Crespo (CCD Cesantes)

Vogal - Esther Rial Sanjuán (CR Vila de Cangas)

Así mesmo, afimó que ten «o desexo de dar un forte impulso á competición». «As liñas de traballo pasan por dotar de maior protagonismo aos deportistas, mellorar a repercusión audiovisual, incrementar os apoios de patrocinadores persoais e mellorar o aspecto organizativo das competicións», asegurou.

O mandato terá unha duración de dous anos. A finais do 2023 repetirase este proceso de elección.