Cuéllar, citado por Bolivia para tres partidos de clasificación para o Mundial

LA VOZ LUGO / LA VOZ

DEPORTES

ALBERTO LÓPEZ

O dianteiro do Lugo participará nos compromisos ante Ecuador, Perú e Paraguai entre o 8 e o 10 de outubro

28 sep 2021 . Actualizado ás 18:38 h.

A selección boliviana de fútbol convocou a Jaume Cuéllar, xogador do Club Deportivo Lugo, para os seus tres próximos encontros da fase de clasificación para o Mundial de Catar do próximo ano. O dianteiro albivermello incorporarase á concentración de Bolivia tras o encontro do próximo domingo ante o Leganés e disputará os compromisos previstos ante as seleccións de Ecuador (8 de outubro), Perú (día 10) e Paraguai (día 14).