O Náutico de Portosín seguirá en directo a regata final de Iago López Marra en Tokio

DEPORTES

MARCOS CREO

Xunto ao seu compañeiro Diego Botín ten opcións de lograr medalla

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Iago López Marra xógase esta mañá xunto a Diego Botín colgarse un dos tres metais da categoría 49er de Tokio . Para apoialo desde a distancia, a directiva do Real Club Náutico de Portosín seguirá en directo a proba desde as súas instalacións. Alí tamén estará o rexedor local, Luis Oujo, así como membros da confraría portosinense.

Todos son conscientes da importancia do que conseguiu o que seguramente sexa un dos mellores embaixadores de Porto do Son para o mundo. Co seu sorriso inmutable, López Marra xógase entrar na historia do deporte olímpico. E por iso, Portosín estará envorcada mañá con el.