Veloso sacou partido dos poucos días de competición

Melissa Rodríguez
Melissa Rodríguez CARBALLO / LA VOZ

DEPORTES

BASILIO BELLO

Vén de proclamarse subcampión na Volta a Portugal

03 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Gustavo César Veloso vén de proclamarse subcampión na Volta a Portugal, que pasou de estar prevista para os meses de xullo e agosto a celebrarse en setembro e outubro a causa do covid. O virus afectou nas carreiras que o vilagarcián tiña previsto, pasando a rematar o ano con só 15 días de competición. Así é que, aínda que tiña pensado retirarse neste 2020, continuará unha campaña máis para «gozar de cada carreira, sen ter presión».

A pesar dos contratempos derivados da pandemia, como o feito de ter que estar subido a un rodete 45 días polo confinamento, o Avó logrou manterse en forma para o seu gran obxectivo, A Volta. De feito aproveitou o adiamento da marcha para retomar o Campionato de España anos despois.

Ía disputar unha última carreira este mes, pero de novo, caeu do calendario polo coronavirus. Agora só pensa en aproveitar a estrada mentres non chove. Correrá por libre a etapa da Volta Mos-Puebla de Sanabria por un fin benéfico.

«Estou a ver propostas doutros equipos e do meu para tomar unha decisión sobre onde vou correr a próxima tempada», comentou sobre o futuro. Este ano, notou a falta de calor do público nas saídas, as chegadas e os portos: «Non hai o mesmo ambiente, é diferente. Non che podes despedir da xente que vai ano tras ano», afirmou.