O Barça aparta a Víctor Valdés como técnico do xuvenil

La Voz

DEPORTES

O exgardameta reunirase a próxima semana coa secretaría técnica de fútbol formativo para analizar a súa continuidade

05 oct 2019 . Actualizado á 17:20 h.

O FC Barcelona anunciou que Víctor Valdés non dirixirá esta fin de semana ao xuvenil A blaugrana tras ser apartado do cargo, ademais de confirmar que será a próxima semana cando decida definitivamente sobre o seu futuro.

«Víctor Valdés, adestrador do Xuvenil A, non viaxará este sábado co equipo o partido de Liga que se disputará ás 12.00 horas contra o Gimnàstic de Tarragona no Campo Municipal da Pobla de Mafumet», indicou o FC Barcelona nun conciso comunicado.

«A secretaría técnica do fútbol formativo do club reunirase con el a próxima semana para analizar a súa continuidade no cargo», finaliza o escrito do club catalán, que podería estar molesto por algunhas decisións de Víctor Valdés co equipo xuvenil, sobre todo coas súas aliñacións máis recentes.

Os blaugrana son pechacancelas na UEFA Youth League e este podería ser outro dos motivos polos que Valdés foi apartado do banco. En Liga, o xuvenil A do Barça é segundo con tres vitorias e un empate nas catro primeiras xornadas de Liga.