Red Bull promociona a Alexander Albon e envía a Pierre Gasly a Toro Rosso

Europa Press

DEPORTES

RED BULL

O cambio farase efectivo a partir do próximo Gran Premio de Bélxica

12 ago 2019 . Actualizado á 14:25 h.

Red Bull anunciou que o tailandés Alexander Albon, ata o de agora en Toro Rosso, pilotará o seu segundo monopraza a partir do próximo Gran Premio de Bélxica en lugar do francés Pierre Gasly, que 'descenderá' ao equipo filial, onde xa pilotou a pasada tempada.

«Red Bull atópase nunha posición única de ter catro pilotos talentosos na Fórmula 1 que poden rotar entre o primeiro equipo e Toro Rosso. O equipo usará as próximas nove carreiras para avaliar o rendemento de Alex para tomar unha decisión formada sobre quen conducirá xunto a Max -Verstappen- en 2020», sinala o equipo enerxético.

O debutante Albon, de 23 anos, sumou 16 puntos nas 12 carreiras celebradas ata o momento, e é décimo quinto na xenerala do Mundial de Pilotos. Gasly, pola súa banda, ocupa a sexta posición con 63 unidades, lonxe do primeiro piloto de Red Bull, o holandés Max Verstappen (181, terceiro).