O Borussia recupera a Reus e anuncia espectáculo

La Voz MÓNACO / EFE

DEPORTES

VALERY HACHE | AFP

A vantaxe está ao lado dos do Principado, que se trouxeron de Alemaña un resultado favorable (2-3)

19 abr 2017 . Actualizado á 05:00 h.

Aínda non se acalaron do todo os ecos do atentado que marcou a ida dos cuartos de final da liga de Campións entre o Mónaco e o Borussia de Dortmund e os dous equipos xogarán hoxe (20.45 horas, BeIn Sports) o pase a semifinais. Serían as quintas para os alemáns, que gañaron a competición en 1997 e que perderon a final contra o Bayern de Múnic no 2013; e as cuartas para o Mónaco, cuxa mellor actuación foi a final que perdeu contra o Porto no 2004.

A vantaxe está ao lado dos do Principado, que se trouxeron de Alemaña un resultado favorable (2-3) ante un equipo desconcertado aínda polo estrondo dos explosivos que danaron o autobús que lles conducía ao estadio e lesionaron a Marc Bartra. A mellor noticia para os visitantes é o regreso de Marco Reus, que foi baixa na ida por lesión.

Aliñacións probables:

Mónaco: Subasic; Touré ou Raggi, Dlik, Jamerson, Mendy; Bernardo Silva, Moutinho, Bakayoko, Lemar; Falcao e Mbappé.

Borussia Dortmund: Bürki; Piszcek, Sokratis, Bender, Schmelzer; Weigl, Sahin; Dembelé, Kagawa, Reus; Aubameyang.