Víctor Valdés deixa o Standard de Lieja

EFE

DEPORTES

O porteiro, cedido polo Manchester United, gañou a Copa co conxunto belga e disputou oito partidos

30 abr 2016 . Actualizado á 17:19 h.

O porteiro español Víctor Valdés, cedido polo Manchester United ao Standard Lieja, abandona a entidade belga, tras o acordo acadado entre ambas as partes para pór fin á vinculación, inicialmente ata o final desta tempada. O Standard emitiu un comunicado no que anuncia o final da cesión do exxogador do Barcelona, do mesmo xeito que a do grego Ioannis Mantatis «para dar máis protagonismo aos xogadores mozos neste final de tempada».

Víctor Valdés e Maniatis, de baixa por lesión, non puideron contar para o técnico Yannick Ferrera nos últimos partidos da liguiña por un posto europeo a próxima tempada. O porteiro español chegou cedido polo Manchester United o pasado mes de xaneiro. Xogou seis partidos da liga de Bélxica e dúas de Copa, incluída a final ante o Club Bruxas, que supuxo o primeiro e único título de Víctor Valdés no fútbol belga.