Arteta conduce o cómodo triunfo do Everton sobre o Hull

AFP

DEPORTES

08 mar 2010 . Actualizado á 02:00 h.

Mikel Arteta conduciu a goleada do Everton, por 5-1, sobre o Hull City en partido da liga inglesa, co que o seu equipo ascende á oitava praza. Arteta marcou os dous primeiros tantos do seu equipo en Goodison Park. No medio, Cairney igualara, pero o segundo foi xa un mazazo para os visitantes, que se decaeron despois de que Richard García marcase en propia meta. Landon Donovan (min 82) e o mozo Rodwell (min 86) redondearon o triunfo.