O valisoletano Jorge Pérez de Mata gaña o concurso de microrrelatos de Gadis con «El remitente»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

Una recompilación dos mellores textos pódese ler na web gadismicrorrelatos.com.
Una recompilación dos mellores textos pódese ler na web gadismicrorrelatos.com.

O certame bateu un novo récord de participación con 2.585 textos breves recibidos desde 31 provincias diferentes, cincocentos máis que na convocatoria anterior

11 sep 2025 . Actualizado a las 22:01 h.

O valisoletano Jorge Pérez de Mata alzouse co primeiro premio do concurso de microrrelatos de Gadis cunha peza titulada El remitente, pola que se levou un e-book e un cheque por valor de cen euros como agasallo, según informou a compañía de distribución. No fondo da súa historia, o convencemento de que ninguén sortea o seu destino, que comeza: «Cada mañana, Otto recibía una carta idéntica: ‘‘Hoy tampoco escaparás’’». O desexo de cambiar o reiterativo final das lecturas infantís levou a María do Eugenio Iglesias Ageitos (Porto do Son) a acadar o segundo posto, cuxa recompensa son un libro electrónico e un cheque por importe de 50 euros. No seu microrrelato Un remate que deixe marca e non saia voando... lanza unha clara petición: «Eu son unha cativa de oito anos e nunca comín perdices. Pode facer vostede, señor narrador, que as personaxes dos contos rematen saboreando onzas de chocolate?». Co microrrelato Caldo tres veces ó día, María José Fernández Folgueira (Ortigueira) logrou o terceiro galardón: un e-book. Gadis editará 12.000 exemplares cunha recompilación dos mellores textos, que tamén se pode descargar na web gadismicrorrelatos.com. O certame bateu un novo récord de participación con 2.585 textos breves recibidos desde 31 provincias diferentes, cincocentos máis que na convocatoria anterior.