Salvador Sobral e o pianista Marco Mezquida abrirán o Festival IKFEM de Tui

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

CULTURA

PACO RODRÍGUEZ

Ofrecerán concerto realizado expresamente para este evento co título «Cousa de dois»

16 may 2024 . Actualizado á 18:43 h.

Os pianista Marcos Mezquida e Salvador Sobral serán os protagonistas de excepción da inauguración da 12.ª edición do IKFEM. Trátase dun concerto realizado expresamente para este festival que vira ao redor dos instrumentos de teclas e a conexión entre Galicia e Portugal co título Cousa de dois. Suporá unha inmersión no universo musical conxunto de Salvador Sobral e Marco Mezquida, con influencias do jazz, a bossa nova e a música norteamericana.

Deste xeito, arrincará unha semana con seis concertos coa variedade de estilos e orixes que xa forma parte da esencia do IKFEM, desde a clásica ao pop, desde o jazz á lírica, desde a solista á orquestra sinfónica. Os escenarios comprenden o barrio histórico de Tui, a Fortaleza de Valença e diferentes parques, prazas e igrexas que se converterán en auditorios naturais abertos a todos os públicos.

O Festival IKFEM é un evento transfronteirizo que une as beiras do río Miño e que tende unha ponte cultural entre Tui e Valença.