A maxia de «Gravity»

La Voz

CULTURA

05 jul 2014 . Actualizado á 07:00 h.

Palexco acolleu onte, ademais da conferencia de Jordi Barés, un relatorio de Paul Debevec, responsable da verosimilitud dos rostros dixitais de Sandra Bullock e Clooney na película Gravity. O filme enfrontouse ao reto de incluír actuacións faciais reais en escenas virtuais con movementos de cámara e cambios de iluminación moi complexos. Mediante as técnicas empregadas por Debevec -que foron básicas para rodar películas como Avatar ou Maléfica-, o director Alfonso Cuarón conseguiu outorgar o grao de realismo necesario ás escenas de Gravity. Trátase dun novo proceso de captura de interpretación facial combinado cunha pantalla de luces LED que permitiu facer coincidir a iluminación real coa virtual, e así traballar con dobres dixitais dos actores.