A unidade de doazón do Obelisco, na Coruña, regalará un libro con cada extracción polo Día das Letras Galegas

La Voz

VIVIR A CORUÑA

Unidad de donación de sangre en el Obelisco de A Coruña.
Unidade de doazón de sangue no Obelisco da Coruña. F. B.

Pode doar calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin padecese enfermidades transmisibles polo sangue.

16 may 2024 . Actualizado á 12:31 h.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude obsequiarán a todas as persoas que acudan a doar este xoves, 16 de maio, cun libro como forma de conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano lembra a figura da poeta e ensaísta coruñesa Luisa Villalta. Na cidade herculina, a unidade estará situada no Obelisco entre as 15.30 e as 21.00 horas. 

ADOS quere agradecer a colaboración, un ano máis, do departamento de Cultura da Xunta, para pór de manifesto o recoñecemento da sociedade galega aos doantes de sangue e celebrar unha data especial na que a sociedade galega lembra as figuras máis destacadas da nosa literatura.

A dirección de ADOS destaca a importancia da colaboración de colectivos e institucións de todos os ámbitos para lograr unha conciencia solidaria proclive á doazón como, neste caso, está a impulsar a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xa que poden unir os valores positivos do ámbito cultural á nosa mensaxe e transmitilo con maior proximidade por ter un amplo calado social.

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin padecese enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e incluso salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.