Así acenderán o Nadal os centros comerciais da Coruña: de Pica Pica a espectáculos acrobáticos

La Voz

VIVIR A CORUÑA

Encendido de las luces de Navidad en A Coruña.
Aceso das luces de Nadal na Coruña. MARCOS MÍGUEZ

As grandes superficies estrean de forma graduada o inicio da tempada do Nadal

29 nov 2023 . Actualizado á 13:06 h.

Cun mes de novembro ao que lle quedan horas, xa se pode dicir que o Nadal está ao virar a esquina. Así, o Concello da Coruña e as grandes áreas comerciais van celebrar esta semana as súas festas de inauguración da tempada. A continuación, podes facer un repaso aos espectáculos máis destacados. 

O Nadal no Centro Comercial Catro Camiños 

Este mércores, 29 de novembrochegará a maxia do Nadal ao Centro Comercial Catro Camiños, co tradicional acendido das luces. A cita será a partir das 19.00 horas e contará coa presenza do coro Cantabile e a tiktoker @Meryfos, coñecida polo seu papel de Virtudes a repunante.

A formación será a encargada de abrir o espectáculo cun repertorio do Nadal cheo de clásicos. Tras ela, collerá a testemuña @Meryfos, que acenderá a gran superficie e dará a benvida á tempada do Nadal. O evento está aberto a todos os coruñeses.

O Nadal nos Rosales 

Este mércores Os Rosales tamén inaugura a campaña ás 18:00 horas, co aceso da fachada. Un evento que dará comezo a toda a programación de actividades que terán lugar entre o 1 de decembro e o 4 de xaneiro de 2024. Celebraranse talleres, venres máxicos, música e espectáculos. Ademais, non faltará a visita de Papá Noel nin de ningún dos Reyes Magos.

O Nadal en Marineda City

Marineda City iniciará a tempada coa presenza exclusiva de Pica-Pica. Nacho Bombín, Emi Bombón e Belén Pelo de Oro, os integrantes do popular grupo infantil queridos por millóns de nenos e nenas en España e Latinoamérica, serán os anfitrións da cerimonia de aceso da decoración do centro comercial.

O evento terá lugar o xoves 30 de novembro, ás 19.00 horas, na praza Emilia Pardo Bazán. E dará o pistoletazo de saída á súa axenda do Nadal, cargada de espectáculos e talleres de manualidades. Ademais, a praza exterior albergará o tradicional mercado do Nadal. 

O Nadal nEl Corte Inglés 

A rúa Pérez Ardá converterase este sábado 2 de decembro nun escenario xigante para acoller o espectáculo que dará a benvida ao Nadal no El Corte Inglés. O show foi deseñado polA Fam Teatre, compaña especializada en utilizar a rúa como espazo escénico de acción, o que permite establecer un contacto directo co espectador.

A formación recreará unha historia onde uns singulares personaxes do inverno chegarán ata El Corte Inglés para pór en marcha as engrenaxes que activan a conta atrás para a chegada do Nadal. Esta historia máxica desenvolverase nun espectáculo que vai durar 30 minutos e que contará cun elenco formado por 14 artistas. Comezará ás 18.30 horas.

O Nadal do Concello da Coruña 

Non é un centro comercial, pero é unha data sinalada. A iluminación da cidade acéndese o 1 de decembro, venres, con máis de tres millóns de puntos de luz distribuídos por toda a cidade. A cerimonia comezará ás 18.30 horas no Obelisco. Haberá animación infantil e actuará o grupo Sisters in the House. Ademais, ese mesmo día tamén comezarán as actividades do Nadal na praza de María Pita, que este ano inclúen unha pista de xeo.