Que tempo terá A Coruña e a súa área nesta semana de calor extrema?

VIVIR A CORUÑA

Buen tiempo en A Coruña
Bo tempo na Coruña ANGEL MANSO

O sur de España está á espera dun grande ascenso das temperaturas, que poderían acadar os 40 graos

25 abr 2023 . Actualizado á 12:10 h.

O sur do país está á espera da chegada dun episodio de altas temperaturas. «A entrada progresiva dunha masa de aire moi cálido e seco de orixe africana xunto coas condicións de estabilidade atmosférica e forte insolación provocarán un progresivo e marcado ascenso térmico», confirma Francisco Infante, delegado da Aemet en Galicia. A cidade da Coruña e a súa área, en cambio, rexistrará unhas temperaturas suaves pola influencia das baixas presións.

A predición de Meteogalicia informa que a meteoroloxía na rexión estará marcada por unha situación intermedia entre altas e baixas presiones con ventos do suroeste que virán acompañados de humidade. Así, o tempo na Coruña e a súa área estará marcado polo ceo encapotado, que podería deixar algún lixeiro chuvasco este martes. Respecto ás temperaturas, si serán máis altas do habitual, pero as nubes e o aire húmido deixarán días de bochorno.

Este martes o mercurio ascenderá ata os 20 graos, cifra que se manterá sen cambios ata a chegada da fin de semana. Actualmente, a previsión indica que el día de maior calor será o venres, cunhas temperaturas máximas que subirán ata os 24 graos. Con todo, seguirá sendo un día marcado pola nubes e posibilidade de chuvascos pola noite. Mentres, o xoves, o mercurio quedará nos 22 graos, pero con ceos máis despexados.