O goberno local de Sada reserva 200.000 euros do remanente para as instalacións deportivas

La Voz SADA / LA VOZ

SADA

sada
a

Os campos de fútbol son un dos principais obxectivos do executivo municipal

22 jun 2024 . Actualizado á 13:52 h.

O goberno local de Sada quere reserva 200.000 euros do remanente de tesourería para mellorar as instalacións deportivas municipais. Esta vai ser a proposta do gabinete de Benito Portela no próximo pleno da corporación.

«Nas vindeiras semanas darán comezo os traballos de renovación do céspede do campo de fútbol de Carnoedo. Como complemento a esta actuación, a Concellería de Deportes propón mobilizar parte do remanente para dedicalo ó peche do perímetro deste campo. O goberno local tamén investirá 62.0000 euros na mellora das instalacións do campo de fútbol municipal de Sada», detallan.

Ademais, está a mellora das instalacións do Pavillón Municipal de Deportes. Para isto queren reservar 70.000 euros. Outras actuacións que aspiran a realizar con cargo ao remanente son a reparación do peche da pista deportiva de Meirás e o estudo do proxecto para cubrir as pistas deportivas de Sada.