O primeiro de Armental

La Voz

SADA

Homenaxe a José Luis Paz Fernández e Digna Barral

15 ago 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Que emotivo foi a homenaxe que lle fixeron a José Luis Paz Fernández, primeiro presidente da asociación de veciños Armental, en Carnoedo. Centenares de socios e veciños reuníronse no que foron as antigas escolas para celebrar a semente que el plantou alá por 1979. Non faltaron as sardiñas, o viño, o café e as larpeiras. A festa non quedou aí, xa que tamén homenaxearon a Digna Barral, a socia máis veterana.