Veas ao mar en Sada

La Voz SADA

SADA

O Encontro Embarcacións Tradicionais de celebrou este sábado numerosas actividades contorna ás naves

05 ago 2023 . Actualizado ás 19:07 h.

Sada celebrou este sábado a terceira xornada do Encontro de Embarcacións Tradicionais, que ten como punto de referencia o porto de Fontán. Pola mañá tivo lugar unha ruta de sendeirismo pola costa de Lourido, guiada polo presidente da asociación cultural Os Patexeiros, que organiza este evento xunto con Culturmar e o Concello de Sada, Miguel Martínez Modroño, e na que participaron unhas cincuentas presentas que puideron avistar boa parte das embarcacións que se dan cita estes días no golfo Ártabro. Paralelamente, varios membros da Escola de Acuarelistas das Xubias aproveitaron a presenza das embarcacións como inspiración para os seus debuxos e pinturas. Ao longo de todo o día celebráronse actividades infantís, entre as que se incluíu unha visita guiada ás embarcacións. O encontro concluirá na xornada do domingo.