Anxo Vázquez, adeus a un Fillo distinguido de Sada

Juan Jesús Brandariz Rueda

SADA

Foi sobre todo e ante todo un home bo, ademais de emprendedor grazas ao seu carácter inquedo

24 may 2020 . Actualizado ás 10:20 h.

Anxo Vázquez Freire foi sobre todo e ante todo un home bo. Sadense nado en 1930, será lembrado por todos como o inesquecible director da coral da Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva de Sada. Pero Anxo non foi só iso, foi moito máis.

Anxo naceu no seo dunha familia emprendedora, explotaban unha das múltiples tejeras, fábricas de teza e ladrillo que eran moi abundantes na zona en gran parte do século XX en Sada e que era unha das industrias máis puxantes durante anos. Os máis antigos do lugar non esquecerán a tejera de Angelito situada a beiras das Brañas. Ese espírito acompañoulle toda a súa vida e foi o que lle levou a investir xunto a máis persoas nunha das empresas máis emblemáticas de Galicia, as Cerámicas do Castro e máis tarde Sargadelos. Nela permaneceu durante toda a súa vida laboral ata a súa xubilación.

Tamén, levado polo seu carácter inquedo e xunto a un grupo de tolos visionarios, cofundó a Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva de Sada no ano 1961. Entidade sen ánimo de lucro dedicada a divulgar a cultura, o deporte e calquera tipo de actividade que dinamizase unha Sada que naqueles anos tiña múltiples carencias en todos estes ámbitos. Nesta entidade, da que teño a honra de ser o seu actual presidente, permaneceu como directivo durante máis de 20 anos, nos cales a Soci chegou ao seu máximo esplendor chegando a ser un referente en toda Galicia.

Pero sin duda, o seu aspecto máis lembrado será como director da Coral da Sociedade. No ano 1978, e xunto á lembrada Florita Ramos, e levado pola súa paixón pola música e animado polos seus amigos, forma a coral máis lonxeva de Sada. «Ao principio non tiña nin idea, menos mal que tiña bo oído», dixo nalgunha ocasión. E menos mal que non tiña nin idea, baixo a súa batuta a coral da Sociedade percorreu toda España e Portugal e mesmo gravou un disco en 1988. Chegou a ter máis de 50 integrantes que «son unha gran familia» e que sin duda lembrarán a Anxo como o seu gran mestre, amigo e algo máis. Permaneceu a cargo de a coral durante 36 anos ata que o tivo que abandonar en 2014. A súa etapa pechouse cunha comida e concerto homenaxe que se celebrou con gran sentimento e cariño cara a el.

Toda esa actividade social e cultural desenvolvida por Anxo ao longo dos anos foi recoñecida pola vila de Sada coa Medalla de Ouro do Concello e o nomeamento como Fillo distinguido da vila.

Aínda que sen esquecer todo o anterior, a súa maior paixón foi a súa familia. Todos lle lembraremos xunto á que foi a súa gran compañeira desde os 14 anos, a súa inseparable esposa Toñita, dando longas camiñadas polo paseo marítimo. Camiñando do brazo o un co outro, lembrando, sin duda outros tempos, e comentando innumerables anécdotas que terán acumulado ao longo dos anos. Todos os que lle coñecemos sabemos que nunca era máis feliz que cando se reunía con toda a súa familia, empezando pola súa esposa, os seus tres fillos, Mari Cris, Bety e Anxo, e ata o último en chegar, Simón que só ten uns días. Comentábanme que o destino fixo que puidese chegar a coñecer ao seu bisnieto e telo en brazos uns minutos, horas antes do fatal desenlace. A todos eles lles transmitiu o seu amor pola familia, polos amigos, pola música e pola súa querida Sada.

Como dicía ao principio, se nos ha ir un home bo, no sentido máis literal da palabra. «Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loitan moitos anos, e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles». Sen dúbida atopámonos ante unha desas persoas. Imaxínomo agora desde onde estea, que seguro que é un bo lugar, controlando se unha voz entra antes que outra, se algún dá un ton equivocado ou se Anxo fillo colleu chipis da ría ou vén sen carga despois de saír ao mar antes do amencer.

Botarémoslle de menos, pero non esqueceremos, descanse en paz.